Voltei a Barcelona, fará cousa de 4 días despois de estar unha semaniña entre Abrence, Moreda e Monforte. O tempo foi algo inestable e impropio do mes de agosto. A xente decente, pasable outra moi mediocre e irritante. Para min nada foi igual e non quero poñerme melodramática. Notei a ausencia de certa persoa que se pasea polas rúas de Nova Iork como si tal cousa. Xa sabía que te botaría de menos, pero aínda me decatei máis o estar rodeada de persoas que ti coñeces e non verte a ti por alí. Xa sabes como é a xente de retorcida, se ve que botar de menos a alguén e sinal de estar super enamorada ou algo polo estilo. A min tanto me ten, con isto que escribo só pretendo que te decates do importante que eres para min e dame igual que a nosa ideoloxía política ou calquera outra cousa sexa diferente, xa sabes cal é o motivo polo que digo isto. O que eu sinto por ti está por riba de todo iso. Es un gran amigo, Jurjo.
Un biquiño ben grande,
Shonia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario