lunes, 8 de septiembre de 2008

Somos do clube da galega


Era chegar do cole, prender a tele, poñer a TVG e disfrutar co Xabarín Club mentres merendabamos os nosos bocatas de nocilla ou de ‘quesitos’.
Hipnotizados co ninja Hatori, o Doraemon ou a Arale pasabamos a tarde sentados diante da televisión sen pestanexar casi, levantándonos tan só para botar un baile cando poñían esas cancións entre programa e programa.
É o clube dos nenos e nenas galegos. Sen dúbida, pertencemos á xeración Xabarín. Clube que educa os cativos na lingua galega e os fai coñecedores do patrimonio cultural galego, sendo eles o futuro da Galiza.
O Xabarín Club, igual co Barça, é moito máis que un clube. E que continúe sendo así..
Aquí vos deixo os links dalgunhas das mellores cancións do Xabarín; voltade a ser cativos.
Herdeiros da Crus: que jallo é http://www.youtube.com/watch?v=FdFRRe0Iw_U
Herdeiros da Crus: íscalle lura http://www.youtube.com/watch?v=T_kYXW2boq8
Kussondulola: tá-se ben na radio http://www.youtube.com/watch?v=jTMkJZQA7gE&feature=related
Def con Dos: capitán araña http://www.youtube.com/watch?v=GXlfzKBuRJk&feature=related
[…]
E a canción do Xabarín por excelencia:
Carmiña Vacaloura: http://www.youtube.com/watch?v=yh7S039PmWo&feature=related
Saúdos a todos

No hay comentarios: