Primeiramente, agradecer a todos os que participastes nesta pequena encosta. O resultado despréndese dun total de 20votos dos que 5 pensades que está ben conservar o nome das rúas, 6 polo contrario considerades que é mellor retiralas e os máis simpáticos credes que o Jurjo e eu somos merecedores dunha rúa co noso nome (8 votos - 40%). Só unha persoa prefire non opinar nada e autonomearse parvo/a. Así son as encostas. Graciñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario