
Pois sí, queridos amighos os vosos sonos fixéron-se realidade, nace un blog alternativo e sobre todo, reivindicativo. Prometo cabrear e enfurecer a moita xente, adrede. Por iso, vos podedes ir aforrando os comentarios tipo; 'que borde de merda', 'que chulita' etc etc. Si hai algo que son é clariña como a auga do Miño. O Jurjo xa vos adiantou sobre o que falará, eu aínda non o teño claro, non sei como aproveitar o meu espazo..Ireino meditando.
Pois ben, despois desta pequena introducción, presénto-me. Como xa sabedes chámome Sonia aínda que por puro marketing eu escribo Shonia, pero acepto calquera das dúas formas. Eu tamén son de Monforte de Lemos, aínda que vivía a uns 9-10 kilómetros da cidade. E digo ben vivía en pasado porque na actualidade móvo-me por Barcelona, Barna, Bcn...En setembro comezarei terceiro de xornalismo na Autónoma.
Escribo en galego porque é a miña língua, sempre me expresei en galego e seguireino facendo a pesar de estar a 1000 km da terra. É o que hai..
Espero que saibades ver as nosas reflexións e aportacións neste blog dende unha mirada crítica, quéremos, e falo polos dous, que pensedes e que non vos conformedes coa simple información vertida polos mass media.
Espero que saibades ver as nosas reflexións e aportacións neste blog dende unha mirada crítica, quéremos, e falo polos dous, que pensedes e que non vos conformedes coa simple información vertida polos mass media.
Jurjo a ver qué pasa...
Saúdos
Saúdos
1 comentario:
vaya par de dos jajaja. esto puede star bien intentare exaros un vistazo de vez n kuando.
bss kuidaos
Publicar un comentario